lunes, 10 de noviembre de 2014

Tardes na Biblioteca

Gústanos tanto ir á biblioteca do cole a curiosear, mirar e ler libros que temos reservada unha sesión semanal para visitala. Todos os venres pola tarde achegarémonos xunto a Siria (a mascota) para pasar un rato divertido. Estas fotos corresponden a este venres pasado. Tivemos tempo de rematar algunha tarefa pendente, ler contos e ver un corto animado.
A última hora tamén se animaron a subir ata a biblioteca os nenos e nenas da clase de tres anos

No hay comentarios:

Publicar un comentario