sábado, 21 de febrero de 2015

El ladrón de palabras

Este venres na nosa visita semanal á biblioteca do cole, contamos o conto
"EL LADRÓN DE PALABRAS"
"De noche, cuando la luna alumbra el camino, el ladrón de palabras sale con todo su equipo y se dirige a la ciudad. Allí rastreando las voces y las luces, sin que nadie lo vea, trepa por los tejados. Comienza la cosecha…."
ladron 
 O ladrón de palabras trepa polos tellados para atrapar na noite as palabras que saen polas chemineas. Gústanlle especialmente as historias que contan aos nenos. 
https://biblioabrazo.files.wordpress.com/2013/01/ladron-007.jpg
 Cando chega á casa encontra nas súas alforxas palabras estranxeiras, gordas, saltarinas, tristes, brillantes e mesmo palabras groseiras.
Gárdaas en tarros de cristal e con elas inventa historias que emocionan, que fan rir, que acarician ou que namoran.
 
Eso precisamente é o que temos pensado facer na Sementeira a partir da semana que vén. 
Convertirémonos en... LADRÓNS E LADROAS DE PALABRAS!!
Manterémosvos informad@s 

1 comentario:

  1. Eu ansiosa por saber cal e a primeira palabra que algun deses ladróns ou ladroas consegue roubar. E a saber a imaxinación destes con que historias e relatos nos vai sorprender.
    Paréceme moi interesante e orixinal a idea

    ResponderEliminar