Hoxe pola tarde decidimos darlle un pouco de cor ás ventás da nosa clase. O encargado e a encargada tiveron o priviliexio de empezar; escolleron pintar na parte de arriba dunha das ventás polo que tiveron que subirse a unha mesa; a única consigna que deberon seguir é que teñen que decoralas con motivos relacionados co noso proxecto do universo.
Utilizamos tiza líquida para o noso traballo.
Mañá seguiremos decorando as ventás na Sementeira
Non sabía eu que existía a tiza líquida. Cada días descubro novas cousas con estes sementeiros e sementeiras. As ventanas van quedar ben coloridas...
ResponderEliminar¡Qué ben está quedando! Agora as ventás están moito máis divertidas!
ResponderEliminar