martes, 22 de septiembre de 2015

Dona Castaña

Hoxe estivemos a ver o que se esconde dentro dun ourizo de castiñeiro
 Observamos con moito coidado de non pincharnos, que estaba cheo de castañas: unha grande e dúas que estaban... "un poco pochas, profe"
Á castaña grande puxémoslle boca, ollos, patas e zapatos.
Chamámola Dona Castaña e colocámola nunha mesa xunto co ourizo; a nosa MESA DO OUTONO.
Queredes axudarnos a xuntar máis cousas para a nosa mesa temática? podedes mandalas ao cole para compartilas con tod@s nós: follas, landras, froitas típicas de outono, debuxos, fotografías, contos, manualidades,... e todo o que se vos ocorra.

1 comentario:

  1. Me encanta Dona Castaña, es muy original. Paula quiso llevar castañas de casa para ponerlas en la mesa do Outono. Y alguna cosa más llevaremos. Da gusto ver lo mucho que se implica e interesa.

    ResponderEliminar