lunes, 14 de septiembre de 2015

Merendamos no cole!

Continuamos co período de adaptación na Sementeira.
 Esta semana estaremos máis tempo na aula e compartiremos xogos, cancións e un montón de actividades tod@s xunt@s. 
Hoxe empezamos a coñecer as rutinas diarias da aula; colocar a merenda e a libreta viaxeira no seu sitio correspondente, poñer e quitar o mandilón, colgar a mochila e o abrigo no percheiro,... Levaranos un tempo interiorizalas pero de seguro que pronto seremos máis autónomos na súa realización.
Coñecemos á profe Paula, que nos contou o conto de "Cocorico". 
 
 Cocorico é unha adaptación libre dun conto tradicional birmano que trata sobre a necesidade de escoitar os bos consellos, do importante que é cumprir as promesas e da dificultade que supón aprender a compartir.
Escoitamos e dramatizamos a canción que vos deixamos nesta ligazón
Hoxe tamén realizamos unha pequena actividade impresa. Coloreamos un porquiño; traballamos na mesa, concentrad@s e obtivemos magníficos resultados.
 Cando rematamos gardamos o noso traballo nos casilleiros (identificados coa nosa foto)
Unha vez rematado o traballo, tivemos tempo de mirar con calma os libros da biblioteca
E como non todo vai ser traballar, chegou o momento de repor forzas. Disfrutamos da nosa primeira merenda no cole. Ao rematar, limpamos a mesa e gardamos o "tupper" na mochila.
Por suposto tamén tivemos tempo de xogar; primeiro na clase,...
...e antes de marchar, no patio de atrás (o patio dos columpios estaba mollado polo que tivemos que deixalo para outro día)

No hay comentarios:

Publicar un comentario