Hoxe tivemos un día estupendo na Sementeira. Repetimos as rutinas de onte (colocar a merenda e a libreta viaxeira no seu sitio e colgar o abrigo e a mochila no percheiro) e ata intentamos abotoar sen axuda os botóns do mandilón.
Despois de cantar a canción dos bos días e contar o conto de "Cocorico" estivemos traballando un pouco. Hoxe pegamos gomets brillantes dentro dun círculo.
É sorprendente ver a capacidade de concentración que teñen @s Sementeir@s e o ben que fan as tarefas individuais!!
Cando rematamos de traballar xogamos na mesa compartindo as pezas de ensamblaxe e demostrando moita imaxinación nas nosas producións
Despois de recoller entre tod@s, fixemos un alto para merendar e, unha vez gardada a bolsa da merenda na mochila marchamos para a aula de psicomotricidade a pasalo ben cos xogos simbólicos. Foi o "momento ruidoso" do día ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario