miércoles, 12 de septiembre de 2018

Benvid@s á Sementeira

Empezamos un novo curso con renovación de peques na Sementeira. Hoxe foi o primeiro día de cole, cambiamos de aula e tamén de profe, e pasámolo pipa reencontrándonos cos nosos compañeiras, compañeiras e profes.

Carlota, Ainara, Asier, Alba, Lorena, Emilio, Izan, Aroa, Adela, Alberto, Paula, Cristina, Lois e Olivia.
Despois das rutinas de entrada (colocar merendas e libretas no seu sitio) e de escoller un sitio onde sentarnos, demos unha calurosa benvida á nova compañeira, Ainara.
Unha vez tod@s xunt@s, disfrutamos co conto UN LIBRO, de Hervé Tullet.

Despois vimos un capítulo das tres mellizas na PDI
Exploramos a aula e xogamos cos animais, os ensartables, os coches, as bonecas,...
A media mañá chegou o momento de repoñer forzas, polo que tod@s a merendar.
 E coa barriga chea a ler un conto antes de saír ao recreo.
Despois de tanto trafego, un pouquiño de relaxación antes de poñernos a traballar.
E sabedes unha cousa? aínda tivemos tempo de xogar un pouco coa plastilina e deixar voar a nosa imaxinación modelando serpes, galletas, vermes, e ata unha torre Eiffel.
Non estivo nada mal para ser o primeiro día despois do verán, non vos parece?

4 comentarios:

  1. Caray ya estan aqui los nuevos sementeir@s, vais a disfrutar y divertiros un montón aprendiendo a lo largo del curso, al igual que lo han hecho antes otros Sementeir@s, ya lo vereis.

    ResponderEliminar
  2. Cristina pasouno en grande nestes tres primeiros dias. As fotos estan xenias!!!

    ResponderEliminar
  3. Paula está supercontenta coa sua volta o cole!!!

    ResponderEliminar
  4. Gracias por enseñarnos lo que nuestr@s peques disfrutan y aprenden!!! 👌👌

    ResponderEliminar