lunes, 17 de septiembre de 2018

O Noso Nome

Estamos aproveitando os pimeiros días de cole para refrescar moitas das cousas xa traballadas durante o ano pasado; Fixemos varias actividades encamiñadas a recoñecer e escribir de xeito autónomo o noso nome:
Rodealo no encerado.
Estampamos pintura repasando o noso nome, cuns pinceis especiais😆
Hoxe estivemos xogando coas letras móbiles. Algúns de nós xa non necesitamos apoio visual para compoñer o nome; outros aínda nos confundimos na lateralidade ou a orde dalgunha letras. Seguiremos xogando para que nos saia moito mellor a próxima vez.

2 comentarios:

  1. Encántanos ver ós nosos peques no seu día a día no cole.
    Grazas profes polo esforzo extra que supón o blogue. Parecenos unha gran idea!!

    ResponderEliminar