Os mércores son os días da froita na Sementeira. E para iniciarnos nesta rutina, tivemos un premio por comer froita. Que máis se pode pedir?
Para poñer en práctica eso de mens sana in corpore sano decidimos empezar a practicar IOGA. Coñecemos un pouco esa disciplina a través do conto
e descubrimos que a práctica de ioga nos axuda a calmarnos cando estamos nerviosos; ata o hipo marcha cando facemos algunha asana
Todos estivemos dispostos a intentar algunha das posturas que o coelliño facía no libro polo que fomos a psico para ter máis espazo. Unha vez colocados, concentrámonos e respiramos profundamente antes de empezar.
A primeira asana que intentamos foi:
Vriksasana ou postura da árbore
Pon a proba o noso equilibrio e axuda a aumentar a nosa concentración
Despois chegou o turno de Adho Mukha Svanasana ou can boca abaixo, unha postura para conectar coa terra.
Virabhadrasana número uno, o postura del guerreiro número un, axuda a elevar a nosa enerxía e vitalidade
Rematamos a nosa primeira sesión de ioga relaxándonos.
Veña, todo o mundo a facer algunha asana na casa. Xa nos contaredes que tal a experiencia 😉
Que suerte tienen estos niños de tener a mi profe Ana. Vais a aprender muchiiisimo con ella. Es la mejor profe y la mas famosa.
ResponderEliminarSasha
Habrá que poñelo en práctica !!!
ResponderEliminarUnha practica estupenda! Na nosa casa xa o estamos practicando..😅
ResponderEliminarUnha practica estupenda! Na nosa casa xa o estamos practicando...��
ResponderEliminarUnha practican moi boa Izan veu encantado co ioga dixonos que o pasara moi ben que lle gustava moito. 😊
ResponderEliminar