Xa se achega unha das festas máis terroríficas do ano e na Sementeira estamos facendo algunhas actividades relacionadas con esta celebración de orixe celta. Contamos contos, bailamos e cantamos cancións, realizamos manualidades, aprendemos novo vocabulario,...
Esta semana coñecemos unha bruxa moi simpática á que lle pasan cousas moi divertidas; o seu gato chámase Bruno e iso fíxonos moita gracia pois nós tamén temos ao noso propio Bruno 😉
A canción do monstro na lavadora é a nosa preferida estes días
Disfrutamos moito bailando esta outra
Despois de escoitar este conto decidimos non ir merendar nunca á casa dunha bruxa
Algunhas das propostas voluntarias que os nenos e nenas poden atopar estes días nos recunchos están enfocadas a traballar o vocabulario temático e a reforzar a aprendizaxe e discriminación dalgunhas das letras do abecedario.
O equipo de actividades extraescolares do cole organiza un concurso de cabazas. Este ano non podemos disfrutar dunha exposición no cole polo que vos pedimos a vosa participación a través das fotografías que nos enviedes ao correo electrónico extraescolarespadron@gmail.com
Animádevos a participar !
Hoxe falamos na clase do concurso e tamén de que o día da festa poderemos vir ao cole disfrazados e disfrazadas. Ide pensando un disfraz terrorífico para ese día 😉👻
No hay comentarios:
Publicar un comentario