Tiña pendente amosarvos todas as propostas de traballo relacionadas co Samaín e coas que traballamos ao longo destas últimas semanas na Sementeira.
Levamos a cabo unha secuencia didáctica coa que reforzamos o vocabulario aprendido, debuxamos moito e traballamos lóxica-matemática, lectoescritura, orientación espacial e grafomotricidade entre outros aspectos.
Debuxamos arañas terroríficas e puxémoslle nome
Coa axuda da ruleta preparamos sopa de bruxa
Coa teacher de Inglés disfrutamos dunha sesión terrorífica na aula de desdobre e realizamos diversas manualidades que levamos para casa
Nos recunchos de xogo nos que disfrutamos cando rematamos o traballo individual tivemos a opción de escoller entre actividades de conteo, trazado de letras e palabras, recortado con tesoiras, series de dous e tres elementos, quebracabezas, contos de medo, mesa sensorial con actividades matemáticas,...
Cada equipo realizou un debuxo cooperativo e obtivemos un resultado moi divertido. Xuntamos os catro debuxos e fixemos un mural terrorífico onde o día da festa sacamos as fotos.
Aproveito para amosarvos con un pouquiño máis de detalle a terrorífica decoración de infantil
Nas sesións de desdobre que levamos a cabo os mércores, traballamos grafomotricidade e lectoescritura
En conversa colectiva falamos do que pasaría se a profe fose unha bruxa e pasamos un rato moi entretido deixando voar a nosa imaxinación
Pero que traballadores están e que chulo quedou o pasillo de infantil!!!
ResponderEliminarCanto discurren estas profes!!!
Que pasada de actividades non paran estés pequech@s!!!chulada de debuxos de medi!! Súper cadro vos quedou!!! Encantaronnos os xogos!!!! Que gusto ver á profe María qué emocionante foi do primeiro que contou cando chegou a casa, eso sí dicia que a voz era distinta😀😀😀
ResponderEliminarImpresionante o traballo que fixeron estos nenos e traballazo da profe. Para canto dou o Samaín...��������. ������
ResponderEliminarPero menudo equipazo, como traballaron e disfrutaron do Samain. Que forma mais orixinal a de facer palabras, a profe moito traballa. Moi ben chicos a seguír así 👏👏👏
ResponderEliminarQue semana mais terrorífica👿👻☠️ uns traballos chulisimos peques!!! Que gusto verte profe María...Unha gran sorpresa🥰
ResponderEliminarGran traballo!
ResponderEliminarMoi chula a decoración do Samaín!!
Menuda sorpresa a visita da profe María!!!!������
Pero que de materiais mais chulis de Halloween vos preparou a profe Ana!!! son chulísimos.
ResponderEliminarE grazas pola vosa acollida na miña visita!!! Unha aperta enorme.