domingo, 7 de noviembre de 2021

Actividades do Samaín e unha Visita Sorpresa

 Tiña pendente amosarvos todas as propostas de traballo relacionadas co Samaín e coas que traballamos ao longo destas últimas semanas na Sementeira.

Levamos a cabo unha secuencia didáctica coa que reforzamos o vocabulario aprendido, debuxamos moito e traballamos lóxica-matemática, lectoescritura, orientación espacial e grafomotricidade entre outros aspectos.  





 








 
















 Debuxamos arañas terroríficas e puxémoslle nome




 
Coa axuda da ruleta preparamos sopa de bruxa
 

 

 

 Coa teacher de Inglés disfrutamos  dunha sesión terrorífica na aula de desdobre e realizamos diversas manualidades que levamos para casa
















Nos recunchos de xogo nos que disfrutamos cando rematamos o traballo individual tivemos a opción de escoller entre actividades de conteo, trazado de letras e palabras, recortado con tesoiras, series de dous e tres elementos, quebracabezas, contos de medo, mesa sensorial con actividades matemáticas,...
 




 
 
 










 

 






































Cada equipo realizou un debuxo cooperativo e obtivemos un resultado moi divertido. Xuntamos os catro debuxos e fixemos un mural terrorífico onde o día da festa sacamos as fotos.









































 
 
 
 
 
 
 
 
Aproveito para amosarvos con un pouquiño máis de detalle a terrorífica decoración de infantil



















 

Nas sesións de desdobre que levamos a cabo os mércores, traballamos grafomotricidade e lectoescritura













































 
En conversa colectiva falamos do que pasaría se a profe fose unha bruxa e pasamos un rato moi entretido deixando voar a nosa imaxinación


Para rematar, contarvos que o xoves pasado recibimos a visita da profe María. Levamos unha gran sorpresa 😉

Querémoste María !

7 comentarios:

  1. Pero que traballadores están e que chulo quedou o pasillo de infantil!!!
    Canto discurren estas profes!!!

    ResponderEliminar
  2. Que pasada de actividades non paran estés pequech@s!!!chulada de debuxos de medi!! Súper cadro vos quedou!!! Encantaronnos os xogos!!!! Que gusto ver á profe María qué emocionante foi do primeiro que contou cando chegou a casa, eso sí dicia que a voz era distinta😀😀😀

    ResponderEliminar
  3. Impresionante o traballo que fixeron estos nenos e traballazo da profe. Para canto dou o Samaín...��������. ������

    ResponderEliminar
  4. Pero menudo equipazo, como traballaron e disfrutaron do Samain. Que forma mais orixinal a de facer palabras, a profe moito traballa. Moi ben chicos a seguír así 👏👏👏

    ResponderEliminar
  5. Que semana mais terrorífica👿👻☠️ uns traballos chulisimos peques!!! Que gusto verte profe María...Unha gran sorpresa🥰

    ResponderEliminar
  6. Raquel - Mamá de Paula P.9 de noviembre de 2021, 12:43

    Gran traballo!
    Moi chula a decoración do Samaín!!
    Menuda sorpresa a visita da profe María!!!!������

    ResponderEliminar
  7. Pero que de materiais mais chulis de Halloween vos preparou a profe Ana!!! son chulísimos.
    E grazas pola vosa acollida na miña visita!!! Unha aperta enorme.

    ResponderEliminar