Chegou a festa mais tola do ano: o Entroido ! E chegaron ao cole unha morea de personaxes relacionados coa música; puidemos ver a Freddie Mercury, rockeiros e rockeiras, pianos, notas e instrumentos musicais, ata unha clave de sol e o mesmísimo Mozart acudiron ao Rosalía para pasar un gran día trouleando e musiqueando
As aulas de Educación Infantil fixemos un Desfile para admirar os disfraces de todos os compañeiros e compañeiras
Xogamos, cantamos e bailamos, rematando a xornada un pouco cansos de tantas emocións 😉
Foi un día xenial ! este video resume o ben que o pasamos
Ao longo da semana preparamos moita da decoración carnavaleira
Fixemos uns banderíns que adornaron a entrada principal do noso cole e compuxemos o noso nome con letras móbiles
A profe Irene trouxo un sombreiro dos Xenerais do Ulla.
O sombreiro mais espectacular que vimos nunca !
Grazas por compartilo profe !
Que disfrutedes moito do Entroido !
Vémonos o xoves
Pero que guapos estaban todos!!!!
ResponderEliminarJaaaa que ben o pasaron...da gusto vervos disfrutar tanto sementeir@s💃💃💃💃
ResponderEliminarPero que guapos estábades todos!!! Noraboa polos vosos disfraces. Espero que disfrutárades moito do entroido
ResponderEliminarQue requete chulos estabades todos!!! Moito rockeiro hai entre os sementeiros
ResponderEliminarQue chulada!!!! As mamás e os papas tamén queremos unha festa así de chula 😍.
ResponderEliminarParabéns polo traballo 🤘
Menudos disfraces mais chulis!! Que ben o pasaron!!! 👏👏👏💃💃💃
ResponderEliminar