Na Sementeira temos marcado o día oito de marzo como un día importante; aproveitamos esta conmemoración para coñecer algunhas mulleres que foron pioneiras nos seus terreos e abriron as portas ás novas xeracións
Rosalía de Castro foi a nosa primeira muller inspiradora; para festexar o seu aniversario ademais de plantar unha figueira no patio, elaboramos entre todas as aulas de Educación Infantil e Educación Primaria, un mural cun poema adicado a ela por Curros Enríquez
Mural de Educación Infantil |
Mural de Educación Primaria |
Este venres coñecemos a Jane Goodall, e o seu traballo en Tanzania cos chimpancés
Hoxe falamos de Marie Curie
Esta semana adicarémola a coñecer mulleres pioneiras nos seus campos, que tempo atrás se enfrentaron a unha sociedade establecida e foron derrubando barreiras.
Cantas cousiñas aprendedes...Feliz dia da Muller a tod@s!!!💜
ResponderEliminarFeliz día da muller!!!!
ResponderEliminar