Cada xoves seguimos gozando das sesións de ioga
Nalgunha das sesións empregamos material que nos axuda a manter o equilibrio
"Señor Lobo, que hora é?" , é un xogo no que o lobo ten dúas opcións pois indica as asanas a practicar aos paseantes do bosque ou decide comernos se non nos poñemos a salvo na casa. Pasámolo moi ben cando xogamos
Perfeccionamos "Navasana", de xeito individual e colectivo
O barco en parellas gustounos moito
Rematamos as sesións relaxándonos formando un verme
Hai moitas outras actividades das que non teño foto pero de seguro que xa estades ao tanto pois estanme contando que as practican na casa
😉
Que boa pinta teñen estas clases de ioga🤩🤩🤩
ResponderEliminar