lunes, 24 de octubre de 2022

Carabuñas, Bruxas con Poderes e Ioga

 Aproveitando a temática de contos de medo que tanto gusta na Sementeira, estamos facendo unha recopilación de todos aqueles personaxes dos contos que máis malvados nos parecen

CArabuñas ou "Caramuxo peideiro" (como nos gusta a nós chamalo),  é sen dúbida un dos nosos favoritos

Despois de disfrutar do conto fixemos unha actividade impresa onde recollemos algunhas das características deste temible monstro come nenos. Para debuxalo buscamos no conto unha ilustración onde se visen perfectamente todas as súas características: uñas coma coitelos, ollos vermellos, catro pelos na cachola, un pantalón de raias e un gorro, rabo, nariz coma unha berenxena, dentes podridos,... Tendo isto en conta, fixemos uns debuxos con todo tipo de detalles













A nosa actividade de grafismos da semana consistiu en decorar unha bruxa seguindo os modelos que se ofrecían; Tivemos que pensar que poder maléfico tiñan as nosas bruxas e copialo 












 


A semana pasada non fixemos fotos na sesión de ioga pero sí as temos da anterior. Aí van

























1 comentario: