domingo, 9 de octubre de 2022

Unha Semana chea de Actividades

A semana pasada abriu de novo as súas portas a biblioteca do cole e nós aproveitamos para visitala por primeira vez. Pasamos un rato agradable disfrutando dos contos











 Unha das actividades impresas da semana estivo de novo relacionada cos grafismos. Puxémoslle o nome de "Monigotes peludos"








 













 
A casualidade quixo que ao noso compañeiro Izan lle caese un dente no cole e, mentras estabamos no patio, o ratiño Pérez deixoulle un pequeno agasallo



A sesión de ioga do xoves xirou en torno ao conto "Om", un dos que podemos levar os venres co noso Pasaporte Lector





























Despois do ioga, tocou merendar froita e actualizar o froitómetro; había unha cesta de mandarinas e Izan animouse a comer unha




Temos novas propostas voluntarias de xogo relacionadas co outono; debullar millo é unha delas





 
 
 
 

 
 
Xogamos ao bingo; reforzamos vocabulario e falamos das características desta estación do ano



Xogamos a clasificar as palabras segundo o número de sílabas que teñen


Facemos sumas e ordeamos as sílabas para compoñer palabras











 
Mensaxe nunha botella: compoñemos a palabra con letras móbiles





Cos policubos formamos figuras






 E se non queremos enredar con estas propostas: facemos quebracabezas, xogamos coas construcións, debuxamos grafismos, experimentamos na mesa sensorial, traballamos a motricidade fina cos pinchos, construímos figuras co mosaico, interiorizamos o alfabeto en minúsculas coa ruleta, desrutamos do xogo simbólico coas figuras dos pitufos,...






















  
Exploramos o patio en busca de follas para facer unha manualidade con elas








































Xa se achega unha das festas máis divertidas no cole; o Samaín xa chama á porta
😉



3 comentarios:

  1. Pois si que teñen cousas ben interesantes e variadas para facer.

    ResponderEliminar
  2. Cantas actividades divertidas!! Estades a tope 💪

    ResponderEliminar
  3. Encántanme todas as actividades, que maneira máis chuli de aprender!!!👏👏👏

    ResponderEliminar