viernes, 14 de octubre de 2022

Xogamos a Pensar

 A filosofía é o desexo de saber máis, de coñecer o que nos rodea. Neste sentido, probablemente non sexa unha esaxeración afirmar que os nenos son, á súa maneira, filósofos por natureza, insaciables na súa procura de respostas e na súa actitude inquisitiva;  a súa capacidade para expor preguntas e para asombrarse é inesgotable. A mellor maneira de introducir a filosofía nas escolas é incitando aos nenos para articular as súas inquietudes, a observar o mundo, a formular preguntas e a investigar as respostas. Iso é o que facemos na Sementeira cando xogamos a pensar.

Coñecemos a Salvador Dalí e levamos a cabo diferentes sesións onde demos resposta a preguntas relacionadas con aspectos concretos da súa obra. 




A particular visión que Dalí tiña dos elefantes pronto chamou a nosa atención e converteuse na nosa primeira actividade; visionamos diferentes cadros e esculturas e falamos das súas características comúns, de cal sería o motivo polo que os debuxaría así, de como se sentirían con esas patas tan delgadas,...
 
"La pelea de los elefantes" según algún compañeiro


Fixemos o noso propio elefante surrealista e puxémoslle nome















O cadro "Muchacha en la ventana" foi o protagonista da seguinte sesión adicada a Dalí
 

 Amosouse unha imaxe incompleta do cadro á que lle falta a paisaxe que se ve a través da fiestra e tivemos que xogar a adiviñar o que estaba mirando a muller; primeiro fixémolo en gran grupo e despois de xeito individual nunha tarefa impresa. 
Unha das primeiras cousas que fixeron de xeito espontáneo foi poñerlle un título ao cadro: 
"Rapunzel en su torre"

















Abraiámonos co "Teléfono langosta"

A quen chamariamos a través deste peculiar aparello? pensamos e escribimos a conversa














Coñecemos tamén unha escultura que chamou a nosa atención polo seu tamaño: Que leva nas costas? como pensades que se atopa?, a onde vai?,...

 

Deixamos para o final un dos seus cadros máis coñecidos, "Persistencia en la memoria" e, como era de esperar, os reloxos foron o foco de atención. Averiguamos o motivo polo que os pintaba así pero antes fixemos as nosas suposicións

 














 

3 comentarios:

  1. Cómo siguen a traballar estos rapaces. E unha maravilla poder ver todo o que fan ...Thiago va a poner unos emojis para todos sus compañeros:🤩👻💀🎃🧠

    ResponderEliminar
  2. Menuda imaginación!!!😍👏👏

    ResponderEliminar
  3. Canto traballo! E que divertido! 💜💜

    ResponderEliminar