Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 4 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
viernes, 25 de noviembre de 2022
25N
Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia
contra as Mulleres, faise necesario seguir insistindo acerca da
importancia de visibilizar e reflexionar sobre as accións para erradicar
todas as formas de violencia contra as mulleres.
Na Sementeira pretendemos contribuír a configurar un currículo non sexista, onde se
supere a histórica invisibilidade das mulleres e onde se ensine e se aprenda a construír a igualdade entre mulleres e homes. Para iso ao longo de toda a semana traballamos nunha secuencia didáctica que levou por título "Contos pola igualdade"
A través dos libros traballamos diferentes aspectos como a confianza, a liberdade e a seguridade para expresar ideas, opinións e
pedir axuda; a Igualdade de oportunidades para nenas e nenos en xogos, traballos e
oficios, evitando estereotipos de xénero; a idea de que todos e todas temos dereito de elixir a que xogar, con que
xoguetes, e con quen gozar deses momentos, máis aló do sexo ou do
xénero; os sentimentos que lles xera o non respecto pola intimidade e a
privacidade; a importancia de resolver conflitos a través do diálogo e sen violencia,...
"Rosa caramelo" foi o primeiro conto traballado
Baixo este conto subxacen cuestións fundamentais como a superficialidade do culto á imaxe e a crítica a unha sociedade que predestina
o futuro dos seus individuos e cualifícaos en función do seu sexo.
Consegue representar perfectamente o contraste entre dous mundos
contrapostos: o feminino e o masculino, o rosa e o gris, un feito de
lazos e prohibicións, e o outro de diversión e liberdade.
Seguimos con "El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa"
Un conto que é un berro á liberdade de nenos e nenas e que nos convida a
non deixar que os patróns de xénero imperantes na sociedade actual
aplaquen a súa personalidade e a súa creatividade. Celestino e Rosa son
capaces de liberarse e atopar moitas cores que representan a diversidade
e a alegría, no mundo monocromático que as súas familias estableceran para eles.
"Maruxa" é un dos contos favoritos da biblioteca de aula.
Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran
habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de
que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de
actitude. Este conto pretenden deixar un pouso para a reflexión dos pequenos
lectores: saber poñernos na pel do outro axúdanos a ver as cousas desde
outra perspectiva, empatizar cos demais e, consecuentemente, ser máis
xustos e máis solidarios.
Despois de contar o conto fixemos as nosas Maruxas, felices de ser mulleres libres
"Artur e Clementina" é unha historia de dúas tartarugas que reivindica e combate os estereotipos feministas e denuncia a discriminación
Axuda inestimable para a educación en igualdade. Un libro que achega aos
nenos e nenas ao mundo dos malos tratos psicolóxicos na parella. Dunha
forma sinxela, esta parella de tartarugas, mostra a anulación persoal
por medio do "é polo teu ben" que fai que o que en principio parecía
protección acabe sendo algo asfixiante que impide o crecemento como
persoa.
"Cuando las niñas vuelan alto" foi o conto seleccionado para hoxe, venres
É un libro para traballar o empoderamento feminino.
Unha historia dunhas nenas loitadoras, cheas de esperanza por todas nós.
Trátase dunha historia de ánimo para que todas as nenas sexan o que
queiran ser na vida sen importar prexuízos, aparencias ou críticas
sociais.
Na visita semanal á biblioteca debuxamos as nosas mans violetas para decorar a nosa exposición de contos
Ao rematar disfrutamos dos contos
Elaboramos carteis cos títulos dos contos para colocar no corredor
Así quedou o noso traballo
Onte xoves visitounos Vanessa, do CIM Terras de Iria, para facer connosco unha actividade que levou por título "A porta violeta"
Este debuxo de Amelia resume todo o traballado esta semana na Sementeira
Ana que boa forma de traballar na aula, xerando conciencia, nos quedamos con títulos novos que non coñecia. Gracias por ensinarnos e deixarnos formar parte
💜♀️💜♀️💜♀️
ResponderEliminarQue marabilla!!! Menuda maneira de traballar e concienciar!!! Moitas gracias Ana!!!!!💜💜
ResponderEliminarAna que boa forma de traballar na aula, xerando conciencia, nos quedamos con títulos novos que non coñecia. Gracias por ensinarnos e deixarnos formar parte
ResponderEliminar