viernes, 18 de noviembre de 2022

Cristóbal Colón

 Un dos primeiros protagonistas do noso proxecto está a ser Cristóbal Colón, e no corredor de Educación Infantil xa ten o seu sitio

A semana pasada, na nosa visita á biblioteca aproveitamos para ver a súa historia en pantalla grande




Aprendemos moitas cousas sobre o navegante: que descubriu América pensando que visitaba as Indias, que os Reis Católicos lle prestaron axuda, que navegou en tres carabelas, que trouxo produtos descoñecidos en España,... e unha morea de cousas que podedes preguntar na casa aos Sementeiros e Sementeiras. Rematamos a nosa investigación sobre Colón recollendo o aprendido en varias tarefas impresas














Decoramos o corredor cos nosos debuxos












Bruno trouxo unha información que atoparon na súa casa sobre Colón; investigacións recentes indican que o navegante posiblemente fose de orixe galego, dato que nos deixou abraiad@s

1 comentario:

  1. Que maravilla!!! Thiago chegou a casa super contento con Cristóbal Colón, e contounos todo o que aprendeu no cole. Encantado estaba con toda a historia. 🥰🥰

    ResponderEliminar