Pois xa temos nome para o noso Proxecto deste ano:
PROXECTO EGERIA
A semana pasada na Sementeira coñecemos a figura desta muller pioneira, Egeria, a galega que foi a primeira viaxeira da historia que percorreu todo o mundo coñecido describindo o que vía
Como xa vos contamos na libreta viaxeira, este ano convertirémonos en intrépidos exploradores en busca de aventuras por terra, mar e aire. Xa temos disposto o noso recuncho do proxecto na aula, e o venres xa empezaron a chegar os primeiros materiais
Nota para casa solicitando a vosa colaboración |
Amelia trouxo un libro sobre os medios de transporte |
Adán trouxo unha réplica da Torre Eiffel e o ticket do seu paseo en barco polo río Sena |
Esta semana continuamos recibindo cousas interesantes. De seguro que entre tod@s conseguimos encher de material moi interesante o noso recuncho
Que chulo!!!! Seguro que coñeceredes lugares super fermosos 💜
ResponderEliminar