sábado, 10 de junio de 2023

Contacontos

 Esta semana recibimos a visita de tres familias que viñeron a contarnos un conto. Ara, a mamá de Bruno contounos a historia favorita do noso compañeiro, e regaláronnos o conto para a nosa biblioteca de aula. Moitas grazas !!















Con Silvia, a mamá de Alba, deixamos o ceo sen estrelas 😉
















Agasallo de Alba e Silvia para a nosa biblioteca

A mamá de Amelia tamén quixo participar nesta proposta e trouxo un conto adicado a esas persoas que sembran valores, amor e esperanza no futuro dos nenos e nenas 


















Vaia libro-recordo que ten agora a profe Ana


 O último turno foi para os papás de Chloe, que trouxeron un conto co que tod@s nos convertemos en gatos



















Un novo conto para a nosa biblioteca. Grazas!




Con esta última sesión rematamos as visitas familiares; na Sementeira disfrutamos a tope cada historia contada por vós; agardamos que disfrutárades tanto coma o fixemos nós.

Moitas grazas familias pola vosa implicación !!

Esta semana recibimos froita na hora da merenda e demos boa conta dela













Os mandalas corporais tiveron moi boa acollida na aula e o xoves estivemos practicando algúns novos













Despedimos esta entrada felicitando a ALBA, que xa ten seis anos !














4 comentarios:

  1. Puff canto imos a botar de menos este blog, felicidades Alba!!! Como molan os mandalas co corpo😍

    ResponderEliminar
  2. Que razón tes Vane...vamos a botalo moitísimo de menos 🥲
    Preciosas as mándalas corporais, encántanme!!!!😍😍

    ResponderEliminar
  3. Grazas por facernos partícipes 💜 e por coidar tan ben as nosas sementes. 🥰💜🥰💜

    ResponderEliminar