viernes, 30 de junio de 2023

Últimos Días na Sementeira

Os últimos días na Sementeira adicámolos a disfrutar dos compis e da aula. Xogamos moito e pasámolo moi ben



















 

 
 
 
 
Desfrutamos a tope do periódico do terceiro trimestre, buscándonos nas páxinas e lembrando moitas das actividades que levamos a cabo estes últimos meses


























Preparamos a decoración para o Festival e fixemos nada máis e nada menos que oito cometas, que luciron espectaculares o día da festa





Fixemos os derradeiros mandalas corporais do curso
























O martes pasado nos graduamos ao grande arroupados por todos os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil. Foi un acto sinxelo pero cargado de emocións. 

O espazo común da zona de infantil estaba preparado para a ocasión.








A mestra da escola infantil de Padrón Julia Pereiras publicou o seu primeiro libro, «Un estraño na granxa», co que achega unha ferramenta máis para a «educación en valores» dos máis pequenos da casa, e visitounos para presentárnolo nunha sesión de contacontos que disfrutamos moitos. Moitas grazas Julia !!

 








Despois do contacontos fixemos unha sesión de fotos moi divertida no patio e tamén unha festa con pompas de xabón
















































































Á unha do mediodía deu comezo oficialmente o noso Acto de Graduación, pero antes recibimos unhas medallas de agasallo. Ao entrar na aula común todo foron aplausos para os graduados e graduadas !!






















Rematamos o día invitando aos compis da aula mixta á nosa festa das pompas











O mércores foi o día de peche de curso. Antes do Festival tivemos tempo de facer un último ensaio e de sacar unhas fotos no escenario e tamén coas nosas bolsas



















E chegou o momento do Festival. Saímos en primeiro lugar e fixemos unha actuación magnífica !!


Aquí podedes disfrutar de todas as actuacións deste ano. Cantas ganas tiñamos de troula !!

 

No seguinte enlace podedes ver o ben que o facíamos tamén nos ensaios. Aquí en concreto están bailando sen o apoio da profe  (que estaba a gravar co móbil) 
😊






Ao remata, merendola con todos os compis, xogos e ata mini disco (non teño fotos pero bailamos ata que nos doeron os pés)






E chegou o momento de poñer punto e final á nosa andaina pola etapa de Educación Infantil. Ao longo destes tres anos vivimos, rimos, xogamos, aprendimos e enriquecimos as nosas vidas. Terminamos un ciclo e pechamos un capítulo pero novos soños, novas metas e retos espérannos en setembro. Na Sementeira seredes sempre recibidos-as cos brazos abertos.




FELIZ VERÁN !!

4 comentarios:

  1. Q peniña da q se acabe esta etapa tan bonita!!!!
    Moitas grazas Ana por todo!!!!

    ResponderEliminar
  2. Foi un pracer compartir todo este tempo (que non chegou a nadiña) con vos. E facernos partícipes de todo o que traballastes e xogastes, en resumen, crecendo xuntos. Un millón de grazas Ana. E noraboa a todos os sementeir@s 🥰

    ResponderEliminar
  3. Que rápido pasaron estes 3 anos, que pena que se acabe esta etapa tan bonita, ímos botar moito de menos este blog 🥲. Moitísimas grazas Ana por todo o traballo feito e por enseñarlle tantas cousas a estes sementeir@s que tanto traballaron.
    Feliz verán para tod@s!!! 😍🥰😘

    ResponderEliminar
  4. Que gran etapa!!! Foi un pracer compartir estes tres anos con todos. Os nenos (e os papis) levarán grandes recordos desta marabillosa etapa. Que sorte tivemos coa Profe Ana, sempre tan adicada e cariñosa. Grazas ❤️❤️

    ResponderEliminar