A nosa última secuencia didáctica en Educación Infantil tivo como protagonista ao Principiño.
O Principiño é unha filosofía de vida, unha proposta para encarar a túa
vida dunha forma positiva e cargada de valores.
A través da historia de Antoine de Saint-Exupéry traballamos a importancia da amizade e o poder de valores como a gratitude ou a aceptación dos demais, así como sentir curiosidade por experimentar e investigar acerca dos distintos elementos que conforman a historia como volcáns, animais, os desertos ou os planetas. Reforzamos contidos relacionados coa lóxica-matemática (restas, decena e docena) e a lectoescritura (identificación de palabras, lectura comprensiva de frases sinxelas e palabras soltas, construción de palabras) xogando coas diferentes propostas (dúas de carácter obrigatorio) que tivemos na aula ao longo de máis de dúas semanas.
Grazas por todo Ana. Non se me ocorre mellor forma de rematar o ciclo. O principiño é máxia, como todo o que fixechedes estes tres años. 💜💜💜
ResponderEliminar