Hoxe foi un día especial porque recibimos a visita de Carmen, que ano tras ano nos axuda e asesora no coidado da horta do cole. Para o alumnado da clase de tres anos foi toda unha novidade saír á horta a plantar sementes acompañados tamén polo profe Jose, que se encarga de que a nosa horta dea os seus froitos. Fixemos un semilleiro de chícharos e plantamos repolo. Nin que dicir ten que foi unha experiencia fantástica. Agora toca coidar das nosas sementes para poder cociñar os seus froitos na cociña do cole
Esta semana o Meco tennos a tod@s tol@s coas súas mandas. O luns zapatos diferentes
O martes pantalóns remangados
Mañá é o último día do Meco e,...
SE AO CENTRO DA TERRA QUERES CHEGAR,
UN POUCO MANCHADO DEBERÁS CHEGAR
Segue chegando material interesante para o noso recuncho e para a aula en xeral. Hoxe Roi trouxo un mémori moi apropiado para a actividade que estivemos levando a cabo na horta. Non tivemos tempo de xogar pero queda na nosa lista de tafefas pendentes
Lemos o conto que nos trouxo Noel sobre un dragón e observamos o seu libro de dinosaurios con curiosidade
Lois trouxo un volcán que nos deixou coa boca aberta porque expulsaba lava!!!
Tivemos un día repletiño de emocións na Sementeira
😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario