jueves, 11 de junio de 2026

Visitas

 Seguimos con un ritmo frenético na Sementeira! 

estivemos de celebración na aula porque festexamos o aniversarios de NOEL 



 










E tamén o de ANTÍA, a nosa profre de prácticas favorita, que nos visitou este mércores para festexalo connosco

 




 



 Seguimos coas visitas para contarvos que os papás de EMMA viñeron a agasallarnos cunhas gorras especiais deseñadas por nós mesmos-as. Moitas grazas!

 


 Mentras o preparaban todo, Emma leunos o seu conto favorito

 











O venres pasado puxemos punto e final ao noso PROXECTO BLABLANDIA; visitounos Lucas, un antigo alumno da Pementeira, para contarnos a historia dun neno ao que, de pequeno non lle chamaba a atención o fútbol nin a bicicleta, pero que sentía unha paixón enorme polos animais. Cos anos, ese interese converteuse na súa grande paixón: convive con diferentes especies e rescata animais que o precisan. Os nenos e nenas quedaron abraiados escoitando as súas historias e aprendendo valores como o respecto, a empatía e o coidado da natureza. Que peche de proxecto tan bonito! moitas grazas Lucas!








 





































 

 Onte fixemos un xogo moi divertido na aula de psicomotricidade; competimos por ver quen era máis rápido e áxil collendo unha pelota que estaba no medio dun círculo ao que soamente se podía acceder a través de aros de diferentes tamaños. Teño que dicir que, no cómputo global, gañaron os chicos por goleada!





  

 

 Hoxe visitamos as aulas que acollerán aos Sementeiros e Sementeiras para o vindeiro curso; houbo un pouco de nervios, fixemos moitas preguntas sobre temas que nos inquedan un pouco (é doado primaria? que temos que levar no estoxo? onde merendamos? teremos exames? poderemos xogar ao fútbol?...) e os compañeiros de primaria e as súas profes responderon encantados. Ata nos deixaron probar as súas mochilas!

 

 


















De volta na Sementeira, Roi dixo que quería facer un exame así que a profe buscou un libro de primaria, e fotocopiou... UN EXAME! Houbo silencio e moita concentración, e levan para casa na mochila o resultado. Rematamos o día convencidos-as de que ir para primaria non é tan difícil como nós pensabamos. Nas fotos puxemos cara de...vaia rollo, outro exame!

;)) 





 

    

No hay comentarios:

Publicar un comentario