miércoles, 10 de septiembre de 2014

Arrancamos motores

Ola a tod@s! xa estamos aquí de novo; este ano cunha novidade moi importante pois xa somos @s maiores de infantil!!! hai que ver o rápido que pasa o tempo. Parece que foi onte cando iniciamos esta aventura e xa estamos no noso último curso de educación infantil.
Hoxe foi un día moi especial, de reencontros despois dun longo verán sin vernos.
Tivemos tempo de facer un montón de cousas; 
despois dunha longa asamblea, na que nos contamos as nosas peripecias estivais, fixemos un panel un pouco especial pois aínda non está preparado o novo.
Coñecemos a Noelia, a nosa profe de apoio, que nos contou un conto moi... emocional
 e aproveitamos a súa visita para facer un debuxo das profes e pintalo con acuarelas.
xogamos en pequeno grupo con crebacabezas e ensartables
ata tivemos tempo de facer unha merendola ao aire libre no patio de atrás
Despois de repoñer forzas chegou a hora do patio.
E tamén tivemos tempo para bailar e cantar en psico e para estrear plastilina nova.
(aquí esquecemos sacar fotos)
Non está nada mal para ser o primeiro día de cole. Foi moi ben aproveitado, non vos parece?

2 comentarios:

  1. Claro que foi ben aproveitado. Eu creo que xa tiñan "mono" do cole. Agora que lles duren esas ganas de facer tantas cousas...
    Por certo, o do patio foi como un premio para eles. Ou así o veu Pablo M.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Guauuuuuuuu! Moi ben, bo día e bo aprobeita mento!!! Daniela di q non traballa xq non fai fichas jajaja! Pero q muy bien mami! Moitos Bicos sementeiros

    ResponderEliminar