domingo, 28 de septiembre de 2014

As formas das nubes

Este venres estivemos xogando a pensar.
Se na primeira sesión pensamos cun cadro de Dalí e na segunda sobre o título dun conto, desta volta fixemos algo diferente.
Xogamos a pensar fóra, no patio de atrás; a profe íanos enseñando fotos de nubes e tiñamos que descubrir se tiñan algunha forma escondida. 
Aquí están as fotos coas que xogamos a pensar:
O resultado da sesión recollerémolo no libro viaxeiro pero xa vos adiantamos que foi moi divertido.
Tivemos a mala sorte de que o venres non había nubes no ceo, polo que o de xogar a buscar formas nas nubes de Padrón terá que agardar a outra ocasión.
Unha vez na clase, convertémonos en escultores de nubes e cadaquén debuxou unha nube con forma. 
Aquí están os resultados.
Pablo Piñeiro: unha ovella
Irene: unha flor
Paula: unha flor
Luis: un neno chamado Nicolás
Nerea: un corazón
Carla: un sol
Daniela: dúas flores
Ainhoa: unha flor
Alejandro: un círculo 
Carmen: unha flor e un peixe
Breixo: un verme
Roi: un pao
Sabela: unha nube corazón
Daniel: nubes
Alessandro: unha ovella robot e un neno cun mando
Iria: unha rosa
Candela: unha flor
Izan: unha flor 
Daniel: unha flor 
Anabel: un banco
Ulises: unha mazán, unha casa e unha mesa
Pablo: unha flor e un peixe
Xoel: unha flor
Queda pois pendente, xogar a buscarlle formas ás nubes. Hoxe en Santiago xa se pode xogar; e en Padrón?

1 comentario:

  1. ¡SEGUIMOS IMAGINANDO! CREO QUE TODOS NOS HEMOS DIVERTIDO ALGUNA VEZ AL JUEGO DE LAS NUBES Y SIEMPRE FUNCIONA. LO INCREÍBLE ES QUE HABÉIS ELEGIDO UN DÍA EN PADRÓN SIN NUBES (CON EL MAL TIEMPO QUE HACE AQUÍ) Y ESO SÍ QUE ES RARO, JE, JE.

    ResponderEliminar