martes, 23 de septiembre de 2014

Xogar a pensar

A semana pasada estivemos "Xogando a Pensar". 
Despois de recordar as normas (elexidas entre tod@s) para poder xogar, a profe presentounos o seguinte conto
 
Antes de abrilo e contalo, fíxonos a seguinte pregunta:
cal pensades que é a cousa que máis doe do mundo?
Tivemos respostas de todo tipo que , unha vez recollidas, pasarán a formar parte do noso libro viaxeiro de xogar a pensar.
O seguinte paso, despois dunha conversa moi animada sobre o tema da pregunta, foi contar o conto e descubrir que ningún dos sementeiros-as pensara na resposta que se dá no conto á pregunta, 
pois a cousa que máis doe do mundo é... A MENTIRA.
 Sinopse do conto
A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. «A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi especial que vai provocar a cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, expertas en ca...case todo tipo de cheiros, buscarán entre os animais, o culpable de semellante obra.
 
 Unha vez rematado o conto iniciamos unha nova conversa sobre a mentira: se nos gusta que nos conten mentiras, se nós memos-as as contamos, se papi e mami nos menten algunha vez,...

2 comentarios:

  1. jajajaja agora xa entendo as cousas porque daniela dixome "mami las bromas duelen que lo dice la profe Ana" e non son as bromas, son as mentiras jajajajaja!! ai mima!!

    ResponderEliminar