lunes, 15 de septiembre de 2014

Escribimos nas libretas viaxeiras

Este ano temos previsto facer na Sementeira merendas saudables. Todos os mércores traeremos froita para a hora da merenda e así traballaremos na mellora dos nosos hábitos alimentarios.
Hoxe estivemos escribindo a nota na nosa libreta viaxeira e así  mandar toda a información para casa. 
 Este ano faremos moitas veces este tipo de actividade: completar as notas que enviamos na nosa libreta para que as poidades ler na casa. Así poderedes comprobar os nosos avances en lectoescritura ao mesmo tempo que vos mantemos informados de todo o que facemos na aula.

E lembrade, os mércores... DÍA DA FROITA!

1 comentario:

  1. ¡Qué maiores están estes nen@s! Xa escribindo nas libretas como se foran de primaria. Da gusto ver como traballan. E o de tomar froita o mércores é xenial porque a froita é moi saudable e está deliciosa. Na Pementeira tamén o imos facer!

    ResponderEliminar