jueves, 17 de octubre de 2019

Proxecto Arboretum

Pois xa temos proxecto de traballo para este curso. Todo empezou coa pregunta da profe:
QUE VOS GUSTARÍA APRENDER ESTE ANO ?
Estas foron as respostas:
A cousa quedou ahí. Ao día seguinte, e aproveitando que moitas das respostas do día anterior xiraban arredor do medio ambiente, a profe contou o conto:
E falamos das árbores que temos no noso cole. E a profe preguntou,...
 QUE É O QUE SABEDES DAS ÁRBORES?
As nosas respostas foron:
Estabamos tan emocionad@s co tema que a profe propuxo aprender moitas máis cousas. A todos os sementeiros e sementeiras lles pareceu unha boa idea polo que xa temos proxecto para este ano... o  PROXECTO ARBORETUM.
O primeiro que fixemos foi debuxar unha árbore.
En asamblea decidimos as cousas que nos gustaría aprender co noso Proxecto
E onde poderiamos atopar información
Escollemos todos os libros que temos na nosa biblioteca de aula relacionados coas árbores e colocámolos no recuncho onde iremos colocando todo o material que consigamos recoller. Pouco a pouco ímos descubrindo cousas interesantes neles.
Decoramos as letras do recuncho e fixemos os nosos nomes con ramas e cores de outono.

O noso recuncho vai tomando forma mirade,...
 Temos o noso "Arboretum" particular para a hora do panel
 E a porta de infantil loce expléndida, non vos parece?
Enviamos unha nota ás casas na nosa libreta de comunicacións solicitando colaboracion e xa estamos a recibir material.
 Os debuxos poden ser unha boa opción para decorar o noso recuncho.
 
Falamos dos castaños, de como son as súas follas e que tipo de froito dan. Carlota trouxo unha rama que contiña moita información.
Emilio ten unha nogueira na casa e fixemos o mesmo que coa rama de castaño. Quedounos pendente probar as noces.
Co libro de Alberto aprendemos que no Xardín Botánico de Padrón medran algunhas especies ben curiosas coma por exemplo unha palmeira do Senegal ou unha árbore seica dos namorados. Buscamos en internet máis información e  algúns dos Sementeiros e Sementeiras recoñeceron algunha zona do xardín.
Adela trouxo información sobre a oliveira. Costounos un pouco adiviñar cal era o froito desta árbore pero ao final acertamos coas olivas.
Lois trouxo landras e falamos dos carballos.
Aproveitamos para contar un dos contos do recuncho
 
Alba visitou o Xardín Botánico e trouxo un montón de fotos. Atopou a árbore dos namorados e a palmeira do Senegal.
Trouxo tamén dous libros con moitas ilustracións interensantes.
Olivia trouxo unha colección de madeiras de África. Quedamos abraiad@s coa cantidade de tonalidades da cor marrón.
Ás pegatinas que trouxo Carlota de seguro que lle sacaremos partido
Os contos son sempre benvidos na Sementeira
Izan trouxo información a toda cor sobre diferentes tipos de árbores
A corteza que trouxo Paula impresionounos bastante e falamos de para que podería servirlle ás árbores
As landras de Aroa non son coma as que temos na clase. Contounos que as ten un veciño de seu avó
Así está agora o noso recuncho
Veña, animádevos a seguir mandando material !

2 comentarios:

  1. Olaya mamá Cristina17 de octubre de 2019, 23:22

    Que chulada, vai a dar para moito este proxecto!!!

    ResponderEliminar
  2. Este ano estamos moi aplicados😂😂😂😂

    ResponderEliminar