Segue chegando material para o noso recuncho.
O libro de Cris fala da importancia de non contaminar o aire que respiramos. Vimos en internet os problemas de polución que sofren as grandes cidades, e que existen lugares nos que incluso as persoas deben respirar a través de mascarillas.
Aroa atopou musgo no tronco dunha árbore.
Lois visitou o Xardín Botánico e trouxo unha extensa e orixinal reportaxe fotográfica.
Cris contounos que ten un castiñeiro na casa, e trouxo a proba.
Paula trouxo contos e libros con información.
Nun dos libros que temos na aula aparece unha árbore moi curiosa e Aroa díxonos que o seu avó a ten na casa. Pedinlle que trouxera unha ramiña e non esqueceu o recado. Sabedes como se chama? preguntade aos Sementeiros e Sementeiras, que teñen a resposta.
Lorena trouxo unha bolsa con diversas follas.
Alba atopou landras no patio durante a hora do recreo e un conto que ten de protagonistas aos animais do bosque.
Cando visitamos a biblioteca do cole sempre atopamos algún libro interesante que ler. Esta historia transcorría nun bosque.
Temos decoración nova na porta.
Temos decoración nova na porta.
Traballando en equipo conseguimos facer murais tan bonitos coma o que agora está na nosa porta. Está pintando con ceras brandas e témpera.
Traballamos no recoñecemento de diferentes árbores, as súas follas e os seus froitos. Xogamos con material impreso que nos axuda a interiorizar todos estos conceptos e o novo vocabulario.
En asamblea a profe platexounos esta cuestión:
Pensades que as follas teñen medo coa chegada do outono porque empezan a caer? como se senten cando caen?
Estas foron as respostas:
Despois falamos das árbores, de como se senten elas; e chegamos a unha conclusión que está recollida na cartolina.
Despois lemos este texto, reflexionamos sobre él, e aprendemos da importancia das follas na vida das árbores.
Un acerto este proxecto, creo que estan tod@s encantad@s e moi motivad@s a hora de buscar cousas e aprender!!!
ResponderEliminarA flor cepillo🤣tamén tivemos que buscala para levar ó cole.
ResponderEliminarQue árbore máis chula😍canto estan aprendendo!!!