Na Sementeira o aprender nunca é sinónimo de aburrimento; todo o contrario pois aprendemos moito xogando ! Algúns pasamos moito tempo no mesmo xogo e outr@s facemos máis actividades.
Escribimos palabras pensando as letras
Formamos palabras copiando as letras
Compoñemos palabras con letras móbiles
Elaboramos mandalas otoñais
Construímos torres seguindo os criterios de número e cor ao tirar un dado
Agrupamos arañas seguindo un criterio de número e traballamos a motricidade fina empregando pinzas (eran unhas arañas altamente venenosas)
Ordeamos a serie numérica
Realizamos puzles en equipo
Con paos planos de diferentes tamaños deixamos voar a nosa imaxinación.
Lío de Gomas é un xogo para desenvolver a coordinación óculo-manual, lateralidade e destreza manual no que temos que estar moi atentos se non queremos equivocanos.
Repasar as letras do abecedario nunca está de máis
Xogamos a sumar preparando o pedido de patacas fritas da hamburguesería
Como podedes comprobar a atención é máxima en todos os xogos. Pásase a mañá nun abrir e pechar de ollos.
Que divertidos!!! Asi van tan contentos e aprenden tanto...
ResponderEliminarQue guai, canta variedade e que entretidos🌝eu apuntome ó xogo das patacas🤣🤣
ResponderEliminarQue divertido é aprender na sementeira!!!!
ResponderEliminarQue ben o pasan asi e aprende moito👏👏👏
ResponderEliminar