viernes, 24 de abril de 2020

Desfile de Animais

Que vos parece se rematamos a semana facendo un pouco de psicomotricidade?
A proposta de hoxe consiste en facer un Desfile de Animais.
#euquedonacasa
Paso 1: tira o dado.
Paso 2: desfila segundo o animal que che tocou.
Paso 3: mezcla animais. Como andaría un can-cangrexo? 
Movementos dos animais:
can: a gatas.
Serpe: reptando con todo o corpo pegado ao chan.
Flamenco: a pata coxa.
Canguro: a saltos cos pés xuntos.
Cangrexo: camiñando cara atrás.
Caracol: arrastrando o cu sen utilizar as mans.
Para facelo un pouco máis divertido podes disfrazarte e/ou facer a máscara dalgún animal.


3 comentarios: