viernes, 3 de abril de 2020

Pascua

Este ano imos a ter unha Pascua moi distinta da que nos gustaría disfrutar. O coelliño que nos visitaba para regalarnos ovos de chocolate vai a ter unha misión moi dificil esta vez.
Hoxe vou a propoñer varias actividades para celebrar que empeza a Pascua, pero seguro que atopades mil ideas coma estas en internet.
Cos rollos de papel hixénico podemos facer coelliños.
 Se temos un cartón a man, estes ovos de chocolate son perfectos para esconder despois pola casa e xogar a ver quen atopa máis.
 Mentras facedes a comida, os Sementeiros e Sementeiras poden facer selos aproveitando unha pataca.
Un pouco de pintura, unhas pinzas e pompóns para decorar un ovo xigante.
 Podedes probar a vosa puntería e ao rematar sumar os puntos para averiguar o gañador ou gañadora.
Xogar ao bingo
Sei que os mémoris encantan na aula, por iso vos deixo un para imprimir. Tamén un xogo co que tendes as risas aseguradas e unha tarefa impresa con preguntas moi interesantes.

O último día de cole levaron para casa o Pasaporte Lector. Podedes aproveitalo e seguir facendo a rutina de cubrir unha folla semanal escollendo un conto da casa.
No lateral do blog tedes unha pestana cun apartado de Material para Imprimir; hai un bloque de lóxica-matemática, outro de lectoescritura e outro con diversas actividades relacionadas coa Pascua.

4 comentarios:

  1. A pesar de que vai ser moi distinta... Vamos a disfrutala!!!! 🤩🤩

    ResponderEliminar
  2. O diferente non ten por qué ser malo, así que boa Pascua a todos!!!!!!😘😍

    ResponderEliminar
  3. A disfrutalo que é o que nos toca, e como dí a profe Teté boa Pascua a tod@s!!!😘😘😘 vémonos polas redes😉

    ResponderEliminar