miércoles, 15 de abril de 2020

Día Mundial da Arte

Hoxe celébrase o Día Mundial da arte, en honra ao nacemento do artista Leonardo da Vinci. A data foi declarada en 2012 pola Asociación Internacional da arte co obxectivo de promover conciencia da actividade artística e creativa en todo o mundo.
A proposta de hoxe xirará, como non pode ser doutro xeito, arredor da arte e de Leonardo da Vinci.
#euquedonacasa
 Imos pois a coñecer un pouco mellor a este xenial artista que xa dende neno, e como é propio na infancia, sentía curiosidade por todo. Podía pasarse horas observando as nubes, as árbores, as plantas, as flores, os insectos e todos os animais que se cruzaban no seu camiño. Ademais, debuxaba todo o que vía.
 Repasando toda a súa traxectoria, chegaremos ao que seguramente é a súa obra máis famosa: o cadro da Mona Lisa, e que de seguro os Sementeiros e Sementeiras recoñecen.
Invítovos a facer a vosa propia versión de calquera dos cadros de Leonardo daVinci.
 💫Imaxinación ao poder💫
Agardo impaciente as fotos 😉
Agora prestade moita atención ao seguinte vídeo porque a tarefa impresa que vos propoño está moi relacionada con él.




Tedes novas actualizacións na páxina web do centro.
Déixovos aquí os enlaces


1 comentario: