A finais do primeiro trimestre fixemos un pequeno achegamento ás letras minúsculas.
As nenas e os nenos aprenden ao mesmo tempo e con mínimo esforzo os dous códigos (maiúsculas e minúsculas). A vantaxe das maiúsculas é que permite adiantar máis no trazado de letras desligando así a produción escrita da capacidade para realizar trazos gráficos. Unha vez que xa están interiorizados os trazos das maiúsculas é o momento de iniciarse no recoñecemento das minúsculas. Este paso apenas leva tempo. E se o facemos de xeito lúdico, moito mellor non vos parece?
A proposta de hoxe consiste en xogar coas minúsculas
#euquedonacasa
Para iso propóñovos que elaboredes diferentes materiais de xogo cos que se poden entreter estos días na casa.
Gardando tapóns podedes facer un abecedario; podedes ir coleccionando pouco a pouco todas as letras.
Se tedes limpapipas, plastilina ou calquera outro material flexible, poden modelar as letras.
Podedes facer o voso propio mural do abecedario en minúsculas empregando todos os materias que se vos ocorran
Cunha percha e pinzas da roupa tamén se pode elaborar material manipulativo. Podedes facer dúas perchas (maiúsculas e minúsculas) e xogar a ordear as letras, a buscar as do seu nome, unha palabra concreta,... hai infinitas opcións de xogo.
Con pezas de construción ou botes de iogur podemos facer unha torre de letras
Tamén pdoemos elaborar un xogo de asociación
Xogar a derrumbar cunha pelota ou disparar a unha letra en concreto, as do seu nome,...
Como vedes as posibilidades de xogo son infinitas.
Podedes descargar tamén algún destos xogos:
Vamos a darlle as minusculas logo✍️
ResponderEliminarVamos a ver que tal se lle da!!!
ResponderEliminarVamos a practicar minúsculas!!
ResponderEliminar