Onte foi un día moi especial para os pequerrechos do Rosalía porque fomos a Santiago de Compostela para disfrutar no Teatro La Salle dunha ópera baseada no popular conto dos Irmáns Grimm, "Hansel e Gretel"
O pasado 18 de febreiro tivemos a honra de recibir a visita do deportista paralímpico Adrián Mosquera.
No dicionario do piragüista de Rianxo non ten cabida a escusa ou o renderse, pero si o traballo, a constancia, a capacidade para renacer de situacións adversas e o carácter indomable. Desde pequeno sabe o que é derrubar muros. O primeiro afrontouno cando tras un desgraciado accidente sufriu a amputación dunha das súas pernas, pero lonxe de renderse hoxe é un condecorado deportista. A súa lección de vida calou fondo nos nenos e nenas de Educación Infantil, que o escoitaron con admiración e orgullo.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA ADRIÁN E POLOS TEUS SABIOS CONSELLOS














































No hay comentarios:
Publicar un comentario