lunes, 29 de junio de 2026

Últimos días na Sementeira

 A derradeira semana de curso na Sementeira fixemos moitas actividades de peche de trimestre; rematamos as bolsas e a temática non podía ser outra máis que o noso paso a primaria






  

 


 






























Os encargados e encargadas durante o mes de xuño luciron novos collares











Festexamos os cumples de verán e demos boa conta dunha caixa de galletas












Emma trouxo un detalle para os compis e a profe

Recibimos (ou máis ben, pescamos) o noso premio do Froitómetro




Dsifrutamos mirando ao detalle as páxinas do periódico trimestral "Novas de Infantil"






 Fixemos moitos picnics






 As propostas de xogo xiraron arredor do mundo mariño






 













 Rematamos a historia do Principiño, á que demos comezo alá polo mes de maio preguntándonos o significado deste debuxo

 

  



















Debuxámolo e levamos a cabo a nosa última actividade plástica grupal elaborando un mural para o corredor
 






  











 













 
 












Grabamos vídeos divertidos de recordo e pasamos intres de moitas risas

 



E puxemos fin a este curso inesquecible cun festival por todo o alto para o que viñemos perfectamente caracterizad@s de rapeiros e rapeiras















 

Antes de dar comezo fixemos un corredor de honra para despedir ao alumnado de 6º curso de primaria









 Actuamos en primeiro lugar e disfrutamos das actuacións do resto de cursos

  
 
 
  







 









 




Continuamos a festa cunha super merendola











 E despedímonos ata sempre da Sementeira


 

1 comentario:

  1. Que peniña da deixar a Sementeira🥹, que tres anos máis maravillosos, e canto medraron os nosos pequenos, pasan para primaria habendo aprendido moitísimo.
    Grazas por este espazo que nos abría unha fiestra ó día a día na Sementeira. Alba sempre se emocionaba cando había blog, vendo fotos e vídeos, botaremos de menos non ter este recuncho.
    Moitas grazas Profe Ana pola pegada que deixas en cada un dos sementeiros e personalmente por todo o que Alba leva da Sementeira e especialmente de ti, grazas polo cariño que lle destes e por todo o que lle ensinaches non pudo ter mellor mestra.
    Bo verán e vémonos para o próximo curso aínda que sexa polos corredores.☺️

    ResponderEliminar