miércoles, 9 de septiembre de 2020

Empezamos !

 A Sementeira xa está preparada para recibir aos peques de tres anos.

Mañá será un gran día, seguro !



martes, 8 de septiembre de 2020

Curso 2020/21

 Xa está case todo listo para volver ao cole e na Sementeira estamos a preparar os espazos para que os novos alumnos e alumnas os disfruten como merecen. 

 Este luns  tivemos a reunión de comezo de curso (en grupos reducidos e mantendo as medidas de seguridade); un primeiro contacto presencial coas familias que serviu para coñecernos e explicar algúns dos aspectos organizativos e metodolóxicos que van a formar parte do noso día a día na aula.

VÉMONOS O XOVES😉


miércoles, 1 de julio de 2020

Despedida

Chegou o verán e con él o momento das despedidas; un fin de curso estrano debido á situación que nos tocou vivir e que, dificilmente olvidaremos. Pero debemos continuar mirando cara adiante con optimismo e afrontar o paso a primaria con moitas ganas e ilusión. Ao longo destes dous anos na "Sementeira" aprendemos, disfrutamos, compartimos e medramos tod@s xunt@s. Foi un pracer compartir o día a día con cada un dos pequenos e pequenas Sementeir@s. Moitas grazas Bahiana, Carlota, Ainara, Asier, Youssra, Alba, Lorena, Emilio, Izan, Aroa, Adela, Alberto, Paula, Cristina, Lois e Olivia. Ata sempre!

LOS CIEN LENGUAJES DEL NIÑO

El niño está hecho de cien.

El niño tiene cien lenguas,
cien manos,
 cien pensamientos,
cien maneras de pensar,
de jugar y de hablar.

Cien,
siempre cien
maneras de escuchar,
de sorprenderse,
de amar.

Cien alegrías,
para cantar y entender.

Cien mundos que descubrir,
cien mundos que inventar,
cien mundos que soñar.

El niño tiene cien lenguas
(y además de cien, cien más)

Pero le roban noventa y nueve.

La escuela y la cultura
le separan la cabeza del cuerpo.
Le dicen de pensar sin manos,
de actuar sin cabeza,
de escuchar y no hablar,
de entender sin alegría,
de amar y sorprenderse
sólo en Pascua y Navidad.

Le dicen
que descubra el mundo que ya existe.
Y de cien,
le roban noventa y nueve.

Le dicen
que el juego y el trabajo,
la realidad y la fantasía,
la ciencia y la imaginación,
el cielo y la tierra,
la razón y el sueño,
son cosas que no van juntas.

Y le dicen que el cien no existe.

El niño dice:
¡EN CAMBIO EL CIEN EXISTE!

Loris Malaguzzi

viernes, 19 de junio de 2020

Cápsula do Tempo

Rematamos os días lectivos dun terceiro trimestre que nunca olvidaremos. Un fin de curso moi diferente ao que estamos acostumbrados, sen festival e sen bicos nin abrazos de despedida.
Pero todo pasa e pronto poderemos volver a xuntarnos para xogar e disfrutar.
A última proposta que vos fago consiste en facer unha cápsula do tempo
#euquedonacasa
Unha cápsula do tempo é un recipiente que encerra obxectos do momento da súa creación e que é escondido á espera de ser aberto no futuro. As cápsulas do tempo poden ser físicas, se gardan obxectos, ou virtuais se gardan arquivos multimedia. Poden ser escondidas durante un período de tempo concreto ou ata ser atopadas.
 Elixide unha caixa de metal, de madeira ou de cartón non moi grande. Escollede  aqueles obxectos que foran especiais para vós durante estes meses na casa. Podedes incluir fotos, algún traballo do cole, un xoguete,... todo aquilo que vos lembre momentos especiais.
Cando teñades todos os obxectos que queredes gardar na caixa, pechádea ben e gardádea nunha bolsa para conxelados con peche zip. Desta forma estará mellor illada da auga e a terra. Buscade un lugar onde enterrar a vosa cápsula (cavade un foxo profundo para que estea bo protexida e non se atope facilmente). Pode ser no monte, no voso xardín ou escondida nalgún lugar da vosa casa. soamente poderá ser descuberta dentro duns anos.
As actividades impresas están recollidas da páxina "universo-mini.com" e poden darvos algunha idea para incluir na vosa cápsula do tempo.




Seguiremos en contacto polo blogue e a través do wasap. En breve avisareivos de cando podedes pasarvos polo cole a recoller os traballos dos nenos e nenas que quedaron pendentes do segundo trimestre, mandilóns, material do recuncho,...

jueves, 18 de junio de 2020

A Semana en Imaxes


Mandalas

A proposta de hoxe consiste en relaxarnos facendo mandalas
#euquedonacasa

Vamos a pintar mandalas en la naturaleza - Uolala
Podedes aproveitar diferentes materiais que teñades pola casa (froitas, verduras, calzado, peines, botes, pinzas do pelo,... todo o que se vos ocorra!) para elaborar o voso mandala ou recollelos durante un paseo (pedras, paus, follas, flores,...)
Afbeeldingsresultaat voor mandala natuur | Natural, Mandalas 
mandala-zapatos-rojos - ADAB 
Mandala de conchitas ^^ | Manualidades, Mandalas, Mosaicos 
Deixade voar a vosa imaxinación e creade un fantástico mandala!
Despois de facelo podedes probar a debuxalo e colorealo.
Non esquezades compartilo nunha foto.
Tedes novas actualizacións na web do cole
COLE ROSALÍA
ENGLISH
AUDICIÓN E LINGUAXE
BIBLIOTECA
AULA BAOBAB

miércoles, 17 de junio de 2020

Unha Orella Verde

A proposta de hoxe consiste en averiguar se os adultos teñen ou non unha orella verde
#euquedonacasa
Esta pregunta vai dirixida a todos os adultos que visitades o blogue: tedes vós tamén unha orella verde? unha porta aberta ao mundo dos nenos, que vos permita gozar do sinxelo, sorprendervos do cotián, crer na fantasía, no misterioso e no imposible?
 Aproveitemos a experiencia que nos tocou vivir para seguir coidando e adestrando esa orella verde que, de seguro apareceu durante estes meses e manteñamos vivo o neno que todos levamos dentro.