lunes, 14 de enero de 2013

Misión Cumprida: Chegamos ata o teito!

O venres vivimos unha tarde moi, pero que moi emocionante na aula "A Sementeira" porque conseguimos o noso propósito: CHEGAMOS AO TEITO COA NOSA TORRE!!
Precisamos eso sí, a inestimable colaboración de Manolo (técnico titulado en manexo de escaleiras) e de Katy (auxiliar de fotografía). Dende aquí queremos agradecerlles a súa desinteresada axuda. Eso sí, se a torre cae, xa sabemos a quen botarlle as culpas ;)
O noso traballo coa torre está prácticamente rematado e pronto poderedes ver un resumo de todas as actividades que nos tiveron tan ocupados durante estos meses recollidas nun Libro Viaxeiro.
De momento, ahí van algunhas das fotos do gran momento


CONSEGUÍMOLO!!!!
 O último que nos quedaba por facer era poñerlle un nome á nosa construción. Repasamos os nomes que propuxemos nunha sesión conxunta antes do Nadal, e fixemos unha votación. Resultou gañador o nome de
TORRE CAMELLÓN
(non me preguntedes o significado)
;)
Pois así poñemos punto e final ao noso traballo. Pronto levaremos para casa o libro viaxeiro explicando todas e cada unha das actividades levadas a cabo dentro da nosa pequena Secuencia Didáctica "Matemáticas Divertidas"

3 comentarios:

  1. Que guay que cumprístedes a vósa misión!! menos mal que uns tedes a colaboración dos outros, como ten que ser!! Cando sexa así, podedes chamar á mamá de Daniela que fixo fixo fixo que non lle facía falta escaleira nengunha!! jejeje!! Algún beneficio ten que ter ser alta... axudarlle ós sementeiros a facer unha torre... Un biquiño para todos!!

    ResponderEliminar
  2. Non sei que lles gustaría máis, facer a torre ou subirse á escaleira... Noraboa pola obra, constructores. E tamén á arquitecta. Agora imos cambiar as visitas á Coruña por visitas á aula A Sementeira, e a torre de Hércules pola torre Camellón. Biquiños.

    ResponderEliminar
  3. ¡QUE CHULI A TORRE! ¡MOITO TRABALLADES NA SEMENTEIRA1. NON CREO QUE NINGUÉN DO COLE, NIN DE TODO PADRÓN, FIXERA ANTES UNHA TORRE COMO A VOSA.¡PARABÉNS! E... ¿VIVE ALGUÉN NESA TORRE CAMELLÓN?

    ResponderEliminar