martes, 8 de enero de 2013

Regalos de Reis

Hoxe tivemos un día moi emocionante no cole porque despois de varias semanas sen vernos por fin estivemos tod@s xunt@s de novo con moitas, moitas cousas que contarnos: que si que tal as vacacións, que si que che trouxeron os Reis Magos e Papá Noel, que si canto turrón de chocolate nos zampamos, que si brindamos con "champín", que si che vin na rúa e non me saudaches,.... bufffff non nos chegou o tempo para nada.
Pero o mellor do día foi a tarde que pasamos porque.... adiviñades?
Os Reis Magos tamén fixeron unha paradiña no cole. Yupiiii!
Non o podiamos crer; e deixaran unha carta no noso buzón!
 Na carta os Reis Magos contábannos moitas cousas: o contentos que estaban polo ben que nos portamos, os regalos que deixaran nas nosas casas,... 
Tamén nos dixeron que son moi amigos de Papá Noel, o cal lles encargou que nos dixesen que recibira a nosa carta pedíndolle un globo terráqueo.
Esta era a carta dos Reis. Firmada e todo!
Pero o máis importante era que tamén había regalos no cole. Soamente os tiñamos que atopar porque estaban agochados así que seguimos as pistas que nos levaron ata cada sorpresa.
O primeiro regalo que decidimos buscar foi o do Rei Baltasar.
A pista era a seguinte: danvos de comer alí todos os días.
Non o dudamos: O comedor!!!

O regalo de Baltasar era UNHA BOLSA DE CHUCHES
  
Despois dunha parada técnica para dar boa conta do noso primeiro regalo, decidimos buscar o de Papá Noel. 
A pista era esta: está metido nunha casiña de xoguetes que tendes no cole.
O primeiro que pensamos era que estaba no recuncho da casiña de clase e fomos mirar pero alí non había nada...
 Entón algún compañeiro se acordou da casiña do patio e marchamos tod@s emocionados a mirar...

 Papá Noel non nos fallou; Acordouse do noso GLOBO TERRÁQUEO e tamén nos trouxo dous contos moi significativos:
 "los lugares que me gustaría conocer" 
e
 "las épocas que me gustaría haber vivido"
Agora tocáballe o turno ao regalo que nos tiña escondido o Rey Gaspar
A pista era esta: no sitio onde está escondido xogades, bailades e vedes os títeres... 
Estaba clarísimo: a aula de Psicomotricidade!!!

Vaia sorpresa: 
ANIMAIS DA SABANA!
Soamente faltaba o regalo do Rei Melchor
A pista era esta: o lugar onde os nenos maiores van a ler contos.
aquí tivemos algún problema para saber a onde tiñamos que ir, así que a profe axudounos un pouco e levounos ata a biblioteca do cole.
CONTOS, CREBACABEZAS E ANIMAIS!
Aquí están todos os nosos regalos
Como despedida os Reis Magos pedíronnos que nos portásemos moi ben e que compartíramos os xoguetes para que eles puideran voltar o ano que ben á nosa clase.
 
Antes de marchar para casa non nos resistimos e abrimos a caixa co globo terráqueo e... sabedes que? ilumínase!!
 Tivemos unha tarde ... Máxica!




 





2 comentarios:

  1. Que guay!! que ben o pasaron!! menos mal que Daniela non está chorando nestas fotos... Un biquiño para todos e a pasalo ben neste segundo trimestre.

    ResponderEliminar
  2. ME DABA PENA QUE LOS PEQUES ESTUVIERAN TRISTONES EL PRIMER DÍA DE COLE TRAS LA NAVIDAD PERO YA VEO QUE LA PROFE ANA TIENE RECURSOS. QUÉ BUEN COMIENZO! GRACIAS
    Y, HAY QUE IR PREPARANDO EL CARNAVAL (L@S NIÑ@S ME CONTAGIAN LAS GANAS DE FIESTAS!!!)

    ResponderEliminar