Este mes conmemoramos o día da PAZ, e na aula xa estamos empezando a traballar un pouquiño máis polo miúdo esta temática.
Este conto encántanos;
Titúlase "Wangari y los árboles de la paz"
SINOPSEDe pequena, en Kenia, Wangari vive rodeada de árbores. Cando medra comeza unha masiva deforestación e Wangari teme que pronto o bosque sexa destruido. Entón decide sementar nove árbores. Así comeza a historia de Wangari Maathai, ambientalista e gañadora do Premio Nobel da Paz.
Xa temos no corredor de infantil a nosa MESA DA PAZ.
A protagonista dos nosos traballos durante estas semanas será Wangari Maathai
Encantounos o conto e a música africana. Todos deberiamos tomar exemplo e coidar mais a natureza.
ResponderEliminar