jueves, 31 de enero de 2013

Pataplófff

Vaia desastre de torre que temos. É que non para quieta un momento. 
A Torre Camellón debe querer parecerse á Torre de Pisa porque non entendemos ese afán que ten por torcerse.
Tiñamos pendente arranxar o desastre pero un día por outro, nunca tiñamos tempo de chamar a Manolo. O caso é que unha mañán mentres estabamos ocupados facendo o panel escoitamos un ruido moi, pero que moi raro; algo así como rissscracccchofff. Que se nos caeu aínda mais, vaia. Mirade as nosas caras de asombro:
Bueeenoooo, vale,... repetimos as caras de asombro para a foto ;)
Rápidamente decidimos que había que solucionalo así que fomos buscar axuda porque mirade o estado no que quedou a nosa queridiña Torre Camellón:
E viñeron na nosa axuda Manolo e Katy, que teñen o título de
 "endereitadores profesionais de torres empeñadas en caerse"
Aquí están en plena faena supervisada moi de preto polos sementeiros e sementeiras
Agora a torre volve a estar erguida
 A pregunta é... ¿durante canto tempo?
porque non o creeredes pero as veces escoitamos algún ruido raro, raro,...

No hay comentarios:

Publicar un comentario