lunes, 21 de enero de 2013

Préstamo de Libros

Pronto empezará a funcionar na Sementeira o servizo de préstamo de libros da biblioteca de aula.
Pero antes temos que encher a nosa biblioteca de contos que teñan ganas de viaxar. Así que temos que buscar un conto na nosa casa para compartir con tod@s @s compañeir@s e traelo ao cole.
A profe enviará unha nota explicando polo miúdo esta nova actividade, para poder así empezar canto antes a levar un conto para a nosa casa durante a fin de semana.

Na clase aproveitaremos para coñecer un pouco mellor o funcionamento dunha biblioteca, visitaremos a do cole e a súa mascota, estableceremos unha serie de normas para poder levar un conto para casa,... en fín que estaremos moi ocupad@s enredando cos libros.

1 comentario:

  1. Idea fantástica. Estamos con moitas ganas de empezar. Esperamos a túa nota e mentras xa imos pensando que libro podemos levar.

    ResponderEliminar