Seguimos avanzando co noso proxecto; estes días estivemos investigando de onde veñen as ondas do mar. Buscamos información en internet , ampliamos o noso vocabulario temático e cantamos cancións
Disfrutamos do conto "La ola"
Unha nena nunha praia e unhas cantas gaivotas. Uns debuxos sinxelos, case esbozos trazados en dous tons de acuarela e unha historia preciosa: a do encontro entre esa nena e as ondas. Cada dobre páxina é unha sorpresa que desborda expresividade, provoca sorrisos e respingos, e deixa aberta a porta a que cada vez que o miremos a nosa imaxinación voe cara a un lado ou outro pois non ten texto. Con cada páxina buscaron respostas ás preguntas que lles ía facendo e foi unha sesión moi divertida
Aproveitamos un famoso cadro, "A onda de Kanagawa", para traballar por primeira vez con pinceis
No hay comentarios:
Publicar un comentario