O pasado xoves foi un día moi especial no Rosalía pois non sempre temos visitas tan especiais. Julio Verne fixo unha parada entre viaxe e viaxe para visitar aos nenos e nenas que estamos a traballar as súas aventuras; chegou a media mañá, cargado de maletas que contiñan reliquias de todas as viaxes das que nos falou largo e tendido, e antes de marchar deixounos varios libros de agasallo para a biblioteca do cole. Foi unha mañá moi especial!! moitas grazas Sr. Verne pola visita!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario