lunes, 2 de octubre de 2023

Outono

 Coa chegada dunha nova estación levamos a cabo diferentes actividades que nos axudan a entender os cambios que se producen na contorna coa entrada do outono, ampliamos o noso vocabulario, coñecemos froitos típicos desta época do ano,... Na aula temos un pequeno recuncho adicado ao outono.


Estamos lendo contos de landras, de cabazas,... e gozamos da música clásica coas catro estacións de Vivaldi



 Na Sementeira temos diferentes propostas relacionadas con esta estación do ano coas que traballamos a motricidade fina, a atención e a discriminación visual.


























 









 Unha vez presentadas de xeito individual aos nenos e nenas, pasan a formar parte das propostas voluntarias que poden atopar nos recunchos ao longo da semana.




Hoxe pintamos unhas follas empregando unha esponxa mollada en témperas. Agora xa decoran a nosa aula. 














Seguimos coas rutinas dos encargados. Soamente queda unha foto no bombo e xa tod@s sabemos que mañá será o turno de Lois. A partir do mércores voltarán todas as fotos ao bombo e empezaremos o segundo rexistro.

 














































A semana pasada fixemos, de xeito lúdico, unha pequena achega á serie numérica. O xogo consistiu en agrupar os números por semellanza.












Tamén fixemos o noso primeiro debuxo do esquema corporal é dicir, a representación en papel que cada un ten do seu propio corpo. A adquisición do coñecemento do propio corpo e das súas capacidades por parte dos nenos e nenas é un proceso lento que nos manterá ocupados durante toda a etapa da Educación Infantil. Son moitas as actividades que levaremos a cabo para axudarlles a adquirir estes coñecementos. Para comprobar a evolución da adquisición deste coñecemento realizaremos o álbum «Este/a son eu». Cada mes, e unha vez superado o proceso de adaptación, dareilles unha folla na que se debuxarán (só con lapis). Esta vez, como poderedes ver nas fotografías, tivemos apoio visual.Con esta actividade estamos traballando a adquisición do esquema corporal a través do debuxo.











Aproveito esta entrada para comentarvos que a semana pasada tivemos que ter unha conversa sobre o coidado do material pois apareceron dous contos (de tapa dura) da biblioteca de aula rotos. Debemos comprender que na aula o material pertence a tod@s e debemos facernos responsables do seu uso e coidado para evitar o seu deterioro e que poidamos xogar en boas condicións. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario