domingo, 8 de octubre de 2023

Proxecto Nautilus

Empezamos o noso proxecto anual que este ano estará centrado na figura de Julio Verne e algunha das súas obras. No primeiro trimestre coñeceremos "20.000 leguas de viaxe submarino" e aprenderemos moitas cousas sobre o mar: fauna mariña, océanos, illas, personaxes fantásticos, lendas e contos,... de seguro que nos manteremos ben ocupad@s.

 Para poñer en marcha o noso recuncho de aula solicitamos axuda ás familias a través da libreta viaxeira.










Recopilamos os libros sobre o mar que temos na biblioteca de aula e gozamos deles de xeito autónomo nos momentos de xogo libre.







Xa empezan a chegar os primeiros materiais para o noso recuncho. Moitas grazas familias!












Entre tod@s montamos o quebracabezas que trouxo Mía e de todos os animais mariños que aparecen chamou a nosa atención a morsa, polo que aproveitamos para buscar información sobre este animal en internet, vimos debuxos animados e foi a protagonista da tarefa impresa do venres.














Outro animal mariño que nos deu moito xogo na aula foi o hipocampo. Coñecemos algunha das súas características despois de ler un conto; a partir de aí fixemos actividades impresas e manualidades.


 

A semana pasada pintamos unha folla con témperas e esponxas. Esta actividade gustou tanto que esta semana repetímola pero co hipocampo como protagonista. Unha vez secos pegámoslle un ollo móbil e xa os temos listos para decorar o cole.











 





















Coñecemos a letra H; pegamos gomets e animámonos a facer a súa grafía no encerado.























 

Rematamos a primeira quenda de encargad@s con Lois. Na segunda volta estamos añadindo tarefas que pronto vos amosaremos.












Esta semana festexamos o aniversario de MATEO











 



No hay comentarios:

Publicar un comentario