miércoles, 25 de octubre de 2023

Un viaxeiro en bicicleta

 Últimamente non deixamos de recibir visitas nas aulas de Educación Infantil; e se a semana pasada coñecemos a Julio Verne, hoxe disfrutamos moito escoitando as aventuras de Juanpe Blanco Mira, un apaixoado da natureza que nos relatou a súa experiencia por Europa acompañado da súa bicicleta, chamada "Loba". Amosunos vídeos impactantes de moitos animais que atopou polo camiño (osos, paxaros, cervos,...), explicounos como facía para ducharse e para durmir, vimos fotos de paisaxes moi fermosas, covas de xeo que descubriu por casualidade e ata nos amosou un corno de cabra que atopou nunha das súas aventuras.








A ducha de Juanpe
















 Escribiu un libro contando a súa experiencia

 Nun dos fragmentos do libro fai a seguinte interesante reflexión: "creo firmemente que nos conviene profundizar en los misterios de la naturaleza para comprender mejor nuestra realidad y conocer más tanto al ser humano como al humano que habita nuestro ser"

Clicando no seguinte enlace podedes ver unha entrevista que lle fixeron na Voz de Galicia

Viaxeiro en Bicicleta

Tamén podedes seguilo nas redes sociais no seu canal de Youtube: MundoSinRumbo; e na súa conta de Instagram: @juanpe.msr.

Moitas grazas pola túa visita Juanpe!


 










No hay comentarios:

Publicar un comentario